Con moitas ganas de empezar a ler e compartir as nosas lecturas con tod@s iniciamos de novo a nosa actividade, esperando que as lecturas que escollamos este curso sexan do agrado de todos os membros do club.
A nosa primeira reunión será o martes, 15 de novembro, na hora de lecer. Comezaremos presentándonos e cubrindo a ficha de inscripción. Despois entregaremos a primeira lectura, que procede dun intercambio que realizamos co club de lectura do IES de Allariz. O título do libro es Alas de fuego, de Laura Gallego.
Onte, 10 de xaneiro, celebramos a segunda reunión do club Mendebiblos, que comezou coa boa noticia da concesión de 800 € para gastos de funcionamento do club durante este curso. A continuación comentouse o libro «Alas de fuego», da escritora valenciana Laura Gallego, coñecida polos seus libros de literatura infantil e xuvenil e galardonada no 2011 co prestixioso «Cervantes Chico». http://www.lauragallego.com/
En xeral o libro gustou, especialmente aos máis novos. Algúns deles xa estaban lendo a 2ª parte, «Alas negras». Como «Alas de fuego» era un préstamo doutro centro decidiuse mercar un exemplar tanto deste como da segunda parte para a nosa biblioteca.
Por último algunhas alumnas propuxeron como segunda lectura o libro de Zana Muhsen, »Vendidas» e, ademáis, decidimos reunirnos a próxima semana para escoller novas lecturas.
Última reunión do club
O 14 de xuño pechamos, por este curso, as reunións do noso club coa posta en común do libro de Betty Smith, «Un árbol crece en Brooklyn». Neste libro a autora trata a vida dos inmigrantes nas rúas de Brooklyn a principios do século XX, cando aquel barrio non era o barrio chic e de moda de hoxe en día, senón que era o lugar de residencia das masas que chegaban a un mundo no que esperaban que os seus sonos se fixeran realidade. O libro é a entrañable historia da vida da familia Nolan, unha familia pobre, metade irlandesa, metade austríaca, que chega a América buscando prosperidade.
A posta en común foi moi enriquecedora pois coas opinións de uns e outros fomos completando a vida da protagonista, Francie Nolan, unha nena que medra nun entorno moi difícil pero que manifesta unha forza que lle permite sobrevivir e destacar aínda cando as circunstancias non lle favorecen.
Reunión do club
Ola a todos! Onte, martes 5 de abril, tivemos unha nova xuntanza. Nesta ocasión falamos sobre o libro «Los girasoles ciegos»; foi un libro máis do gusto dos profesores ( para os alumnos a temática da posguerra española non lles foi doado de entender).
Aproveitamos a reunión para repartir o novo libro que imos ler, «Un árbol crece en Brooklyn» da escritora Betty Smith e prestado polo CPI Virxe da Saleta de Cea. Brevemente o argumento do libro é o seguinte: Francie medra rodeada de libros e cedo comeza a preguntar e a pedirlle á vida algo máis para saír da mediocridade na que vive.
PRÓXIMA REUNIÓN
O martes 5 abril, teremos a próxima reunión (como sempre na hora do recreo, na biblioteca) para comentar o libro «Los girasoles ciegos».
Recordade que podedes levar a película os que queirades e así poderemos comparar o libro coa versión cinematográfica (interesante pois está rodada en Ourense)
Aquí tedes un pequeno avance da película.
Reunión do club
O martes 22 de febreiro fixemos a reunión para comentar as dúas últimas lecturas: «Cuando Hitler robó el conejo rosa» e «Campos de fresas».
O resultado da reunión non foi moi satisfactorio pois en xeral os libros escollidos eran dunha temática moi recurrente e con finais previsibles.
Desexamos que o próximo libro ( «Los girasoles ciegos», do que se fixo a entrega) sexa máis do agrado de todos os membros do club.
«Los girasoles ciegos» é un libro do escritor Alberto Méndez, composto de catro relatos e ambientado na guerra civil española. Foi publicado en 2004 e inspirou a película homónima dirixida por José Luis Cuerda. A narración básase en catro historias que discorren paralelas e lixeiramente interrelacionadas. Un capitán do exército de Franco que, o mesmo día da victoria, renuncia a gañar a guerra; un mozo poeta que fuxe da guerra xunto coa tamén xove compañeira embarazada, vivindo unha vertixinosa historia de madurez e morte no breve prazo duns meses; un preso do cárcere de Porlier que se nega a vivir na impostura para que o verdugo poida ser calificado como tal; e, un diácono que enmascara a súa lascivia tras o fascismo apostólico que reclama rapiña contra o vencido.
A nosa biblioteca vístese de vermello para celebrar o mes do amor e a amizade, e para iso organízanse unha serie de actividades nas que tod@s podedes participar.
A primeira terá lugar na semana do 1 ao 10 de febreiro: intercambio de cartas de amor, amizade e bos sentimentos (máis abaixo tedes o cartel).
A segunda será unha exposición de libros de amor da que poderedes disfrutar na vosa biblioteca.
A terceira realizaraa o club Mendebiblos na súa próxima reunión, onde se fará entrega dun colgante relacionado con esta temática a todos os membros.

PRÓXIMA REUNIÓN
A NOSA PRIMEIRA REUNIÓN
O 19 de outubro o club fixo a súa primeira reunión e decidiuse a lectura do libro «Mil
soles espléndidos» de Khaled Hosseini, autor do exitoso libro «Cometas en el Cielo».
O libro conta a conmovedora historia de amizade entre dúas mulleres afganas de
diferentes orixes. Os seus destinos entrelazaranse por mor da situación que vive
Afganistán nos últimos trinta anos.









